quinta-feira, 23 de abril de 2009

O carro diante dos bois

Di o artigo 33 do Regulamento da Asemblea Nacional Extraordinaria:

"Unha vez electos, os/as 50 membros do Consello Nacional elaborarán -de común acordo co candidato a Portavoz- unha proposta de candidatura de Executiva Nacional que deberá incluír como nº 1 o/a candidato/a á Portavocía Nacional. O/a Candidato/a a Portavoz Nacional presentará á Asemblea Nacional a proposta para a súa elección..."

É a primeira vez no documento que se menciona a figura do candidato a Portavoz Nacional. É certo que o Regulamento ten lagoas e deixa flocos soltos, pero en todo caso non se contemplaba que esa figura xa tivese nomes durante o proceso de elección de delegados. Esa toma de posicións está a crear un mal ambiente interno e danos una imaxe lamentable cara á sociedade. Seguimos a pecar de gravidade e verticalismo. Supoñíase que a representación por delegados sería outra cousa: cada un ou unha levaría o sentir de compañeiras e compañeiros da súa comarca á Asemblea Nacional. Se xa considerabamos que o sistema de delegados estaba viciado nunha fronte asemblearia como a nosa, esta nova volta de rosca rematou de nos convencer da necesidade da volta ó asemblearismo.

3 comentários:

  1. Resulta moi vergoñento que se adapte todo un proceso outrora democrático e aberto ás ansias de poder dalgúns.
    Xa non valen escusas pois podemos observalo claramente tod@s. Ou é que o fin xustifica os medios?

    ResponderEliminar
  2. Ains...que inda vou acabar sendo portavoceira nacional, con tanto cristo que se esta montando!!!!!

    ResponderEliminar
  3. E que se podía esperar? Vimos dunha campaña 100% personalista, basada na imaxe dunha sóa persoa, e os que últimamente gobernaron seguen na mesma (só cambiaron as caras, a UPG con Guillerme e os de -BNG con Aimerich.

    Todo parece indicar que nada vai cambiar no devir do BNG. Hai moito ególatra cobizoso!

    ResponderEliminar