quarta-feira, 29 de abril de 2009

Máis asemblearismo, non menos

Porque o asemblearismo é unha marca do BNG, tan manifesta como o termo Galiza para definir ó País. Porque é o que nos distingue, e debe seguir a distinguirnos, dos partidos sensu estricto, e lea cada quen as siglas que lle pareza nesta afirmación. Porque vale tanto un militante de base como un conselleiro. Porque para algo o BNG conta -debe contar- coa militancia máis formada e mellor informada.

Non nos vale a escusa dos tempos de decisión. Vivimos no século XXI e non no XIX, e dispomos de tecnoloxías coas que os nosos antergos nin soñaban. Resulta sinxelo crear foros virtuais cos que sondar o parecer de toda a militancia que desexe expresalo. Tamén é posible adxudicar chaves persoais coas que cada militante poida votar, dun xeito vinculante, cando se trata de temas cardinais, incluida a elección do Consello Nacional, de forma que ninguén quede fóra porque lle sexa imposible asistir á Asemblea Nacional ou incluso á Comarcal.

Por outra banda, é necesario revitalizar as Asembleas Comarcais, de xeito que non se transformen en simples foros de aceptación das decisións xa tomadas polos órganos do BNG. As comarcas deben establecer datas anuais para a celebración de Asembleas Comarcais ordinarias nas que debater sobre os temas locais. Os/as militantes debemos sentir que a nosa opinión é importante á hora de tomar decisións que nos afectan a todos/as, decisións que máis tarde teremos a obriga de defender.

3 comentários:

  1. Aquí parece interesar máis crear unha especie de granxa-escola de borreguiños que apostar decididamente por unha participación activa da militancia.

    ResponderEliminar
  2. O asemblearismo é o BNG, sen el é outra cousa.

    Ninguén por riba de nós!. Así berraban os irmandiños hai séculos. Eles que eran o máis baixo da escala social reclamaban con esa proclama a igualdade de tódolos homes e mulleres. Eran uns avanzados ó seu tempo.

    Mágoa que ainda hoxe, cando ese principio de igualdade é recoñecido na nosa civilización tralo triunfo da Revolución Francesa -xa choveu!-, trate de ser reprimido por uns cantos seres retrógados.

    Seguiremos loitando!

    ResponderEliminar
  3. Seguiremos loitando, pese a quen lle pese.

    ResponderEliminar